Miro Casabella - Olla meu irmán
Canción do cantautor galego Miro Casabella, "Olla meu irmán", interpretada en directoOlla meu irmao honrado o que contece con Daniel, os que o tiñan desterrado agora falan ben del. O palurdo de alma lerda o tendeiro desertor, o vinculeiro da merda disfrazado de señor. O lurdo carca refrito o monifate de antroido, o aprendiz de señorito Marqués de Quero e non poido. O badoco endomingado o xoglar moi pousafol, o forricas desleigado o pequeno burgués mol. O devoto do onanismo o feligrés de pesebre, o tolleito de cinismo o que da gato por lebre. O rateiro de peirao o refurgallo incivil, valense de ti irmao para esconder a casta vil. Escoita puto nefando criado na sevidume, non pasará o contrabando dise teu noxento estrume. Grotesco escriva sandeu inxertado nun raposo, Daniel nunca foi teu porque Daniel é noso. E anque a ti che importe un pito saberás, que é cousa sabida, que estás incurso en delito de apropiación indebida. (Celso Emilio Ferreiro)
Canal: Music
Añadido: November 30, 1999 at 12:00 am
Autor: iagoiaguete
Duración: 01:38
Puntuación: 4.80
Reproducciones: 1115
Etiquetas: cantautor casabella galego galicia galiza irman meu miro musica olla ti
Comentarios
|
cfscoelho (November 30, 1999 at 12:00 am)
esta é a versão mais bonita sem dúvida. Grande Miro Casabelha. obrigado pelo vídeo! Vivam os nossos poetas, músicos artistas e viva a nossa casa conhecido por antigo reino da Galiza!
oleiros70 (November 30, 1999 at 12:00 am)
Obrigadinho e parabéns polo vídeo. Saúde
emilioarias41 (November 30, 1999 at 12:00 am)
Saúdos de Xosé Quintas Canella,Eloy e Anxel que tamén teñen un video no Youtube,e actuaron moitas veces xunto a Miro aló polos anos 70.Unha aperta.
EUBENSEIQUENSON (November 30, 1999 at 12:00 am)
Un dos importantes e quizais o que máis chegou ao pobo. Arriba á Nosa Música e os nosos poetas. Grazas por ir galeguizando o "Youtube"!
gustavosierraf (November 30, 1999 at 12:00 am)
La canción está hecha sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro. Saludos!
iagoiaguete (November 30, 1999 at 12:00 am)
De nada, non podía ser que non houbese nada del no YouTube... a montaxe non é moi boa...Saúdos!
papigil (November 30, 1999 at 12:00 am)
Mira ti quen é o autor deste tema do mesmo título que se recolle no disco "Saudade" de Luar na Lubre ( 2005 ). ¡ Moitas grazas, iagoiaguete. Un saúdo !.
|